Luns. 28.09.2020
El tiempo

A MZ véndese na Fieiriña de Outes

A Casa da Cultura acolle un curso de manipulador de fitosanitarios
A MZ véndese na Fieiriña de Outes

Esta pasada fin de semana a gastronomía da Mazaricos estivo presenta na Feiriña de Outes. UNha feira singular arredor da Rúa da Capela que permitiu facer unha mañá chea de degustacións e sesión vermú. Alí estaba a familia do Asador Manduca , Trenzarte e Katallana, para amosar a riqueza a carne, o pan e artesanía sombreireira da MZ. Non faltaron os concelleiros Jorge Sanmartín e Sandra Alvite para dar conta da Esencia de Mazaricos.

Curso Fitosanitario

Paralelamente, onte luns e ata o vindeiro 17, a Casa da Cultura de Mazaricos acolle un curso de aplicador e manipulador de produtos fitosanitarios dirixido a profesionais do sector agrario ou persoas interesadas en incorporarse a el. Está organizado pola Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), e impartido pola Oficina Agraria Comarcal de Santa Comba. Esta acción formativa, que está integrada no Plan de formación ao agro galego 2020, contará cunha duración total de 27 horas. Nela trataranse temáticas como as pragas e as enfermidades que afectan aos cultivos, a preparación e a aplicación dos distintos tratamentos fitosanitarios, así como a súa clasificación e etiquetado, incluíndo referencias aos pictogramas e indicacións das súas embalaxes.

comentarios