Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Naturmaz, centro de formación aeronática autonómico

Campamento aeronautica da Xunta en Naturmaz
Naturmaz, centro de formación aeronática autonómico

O centro de turismo activo Naturmaz acolle este verán un campamento da Xunta. Durante unha semana (do 30 de agosto ao 6 de setembro) os participantes, de entre 14 e 17 anos, asisten a obradoiros formativos e lúdicos en materia de aeronáutica, e tamén desfrutan de actividades de multiaventura na natureza, como tirolina.

Durante a xornada de onte, a directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel achegouse ao albergue xuvenil Aeródromo da Fervenza para supervisar a actividade, acompañada polo alcalde Xoán Blanco.

Comentarios