Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O concello de Mazaricos acondiciona o mirador de Enxilde dende o que o Padre Sarmiento describiu a comarca

O concello de Mazaricos acondiciona o mirador de Enxilde dende o que o Padre Sarmiento describiu a comarca
mirador-enxilde-mazaricos Dende o mirador de Enxilde, na parroquia de Arcos, pode verse o monte Pindo, tal e como relatou o Padre Sarmiento Por un valor de 36.000 euros, o concello de Mazaricos vén de realizar as obras de acondicionamento do mirador e unha área de recreo en Enxilde, na parroquia de Arcos, un lugar cun importante valor paisaxístico. Segundo se recollen en varios escritos, o Padre Sarmiento incluiu este lugar dentro dunha ruta realizada no 1975 sobre o que escribiu "Mirando desde o mesmo lugariño de Enxilde e ó mediodía vese de fronte o monte Pindo, que non é tanto un monte empinado, máis unha serra, cadea ou retablo de montes unidos que fan á vista unha figura máis fermosa que a montaña de Monserrat. De feito convenlle o nome de Monte Pindo; e penso que será antigo, e que se lle poría a imitación do da Grecia”. area-recreativa-enxilde-arcos-mazaricos A zona, cun alto valor paisaxístico, acondicionouse tamén con bancos e merendeiros Para o alcalde, Juan José Blanco Riveiro, “é outro chanzo na nosa aposta por un turismo respectuoso e sostible. O lugar presenta un alto potencial como espazo natural e por iso puxemos en valor esta parcela cunha área de estancia  habilitada con bancos e merendeiros e mirador no lugar do Enxilde”. Ao fío disto engadiu que “é importante non só pola cuestión paisaxística senón tamén histórica, polo que haberá paneis informativos”. O mandatario asegurou que a “vista é inmellorable, con panorámicas sobre o encoro de Santa Uxía, a orografía do Pindo e Fisterra ao lonxe”. Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/mazaricos-aproba-os-orzamentos-do-2018-que-superan-os-tres-millons-de-euros/ Fonte

Comentarios