Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Concello de Mazaricos licita 600.000€ en obras no último mes da lexislatura

O Concello de Mazaricos licita 600.000€ en obras no último mes da lexislatura
De obras en Mazaricos

Chegan as eleccións e parece que hai que facer cousas. Pero por Mazaricos parece que non haberá mañá. Ou ben levan moitos meses de parálise, ou ben hai que deixar todo atado e ben atado.

Se non, non se explican os preto de 600.000€ que está a licitar o Concello de Mazaricos, só en materia de “Melloras no afirmado” de camiños e estradas. E non é culpa das axudas da Deputación para o POS, que no caso de Mazaricos ascenden a 220.000€.

Un total de case 600.000€ que podemos comprobar dende a web contratosdegalicia.es.

DataLicitaciónImporteEstado a 27-04-15
27-04-2015Contratación da obra MELLORAS NO AFIRMADO DE VARIOS CAMIÑOS MUNICIPAIS NAS PARROQUIAS DE BEBA, COIRO, EIRÓN, MAROÑAS E CHACÍN. DTC 97.900,32 € Adxudicado
20-04-2015Contratación da obra MELLORAS NO AFIRMADO DE VARIOS CAMIÑOS MUNICIPAIS: ARCOS, COLÚNS, CUÍÑA, GRILLE, SAN COSME, GODÓN, VIOXO, LAGO E FOXAS98.020,72 € Formalizado
31-03-2015Licitación da obra MELLORAS NO AFIRMADO DE VARIAS VÍAS MUNICIPAIS NOS LUGARES DE A PICOTA, PINO DE VAL E PAZOS77.783,47 € Pendente de adxudicar
31-03-2015Licitación da obra MELLORAS NO AFIRMADO DE VARIOS CAMIÑOS MUNICIPAIS (EIRÓN, COIRO, MAZARICOS, COLÚNS, ARCOS, CHACÍN, 182.708,77 €Pendente de adxudicar
27-04-2015Adxudicación da obra "MELLORAS NO AFIRMADO DE VARIOS CAMIÑOS MUNICIPAIS NAS PARROQUIAS DE ANTES, CORZÓN E ALBORÉS"102.318,06 € Adxudicado

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios