Venres. 29.03.2024
El tiempo

O microrrelatos dos máis pequenos, as fotos e o curso de cociña quentan motores no comezo da #SemanaGandeira

O microrrelatos dos máis pequenos, as fotos e o curso de cociña quentan motores no comezo da #SemanaGandeira
https://www.facebook.com/asociacioneusonmazaricos/videos/1688008067929413/ Os nenos e nenas de 4o de primaria tamén quixeron participar no concurso de microrrelados da Semana Gandeira. Entregaron varias pezas nas que denotan unha forte consciencia e orgullo do medio no que viven. As persoas que integran o xurado xa teñen decidida a peza gañadora deste primeiro concurso de microrrelato, que debía constar de 100 palabras e empezar por “Cando viu as vacas de Mazaricos...” Por outra banda, o xurado do concurso de fotografía organizado por Eu Son Mazari- cos xa ten as fotos finalistas. Poden verse nun vídeo no facebook da asociación. Esta edición destacou tanto pola cantidade de fotos presentadas como pola súa calidade. Por outra banda, o album do facebook acadou xa as 70.000 persoas. Durante a tarde, o chef do asador Manduca José Manuel Carreira, gañador do con- curso de postres lácteos da pasada edición impartirá un curso de cociña de elabo- ración de sobremesas lácteas. Na Casa da Cultura xa se pode ver a exposición de fotografia da artista Moldus, gañadora do ano pasado e outra de pezas de sancosmeiros promovida pola Asociación de San Cosme de Antes.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios