Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O PIMAZ esixe ao alcalde de Mazaricos o pago aos proveedores do Concello

O PIMAZ esixe ao alcalde de Mazaricos o pago aos proveedores do Concello

Volve a actualidade política o Partido Independiente de Mazaricos de Nico Martínez. Un PIMAZ que tralo pleno celebrado o pasado día 12 de marzo denuncia que "o Concello de Mazaricos segue sen respectar as "Comisións Informativas Especial de Contas".

I é que segundo explica, o Concello convocaba un pleno extraordinario para "a anulación, por prescrición, de varias obrigacións (facturas pendentes de pago) de exercicios anteriores que comprenden os períodos desde o ano 1998 ata o 2007, cuxo importe total ascende a 123.155 euros e entre os cales existen provedores locais".

Ante esta proposta, o PIMAZ considera impensable "aforrar á conta de non pagar aos provedores que prestaron os seus servizos ao Concello".

"Gastos irregulares"

Vai máis aló o PIMAZ a raíz doutro dos puntos tratados na convocatoria, como foi "o recoñecemento extraxudicial de créditos (facturas pendentes de pago) por importe de 120.667 euros derivadas da previa realización irregular dun gasto". Segundo nos indica textualmente o informe de intervención, ningún dos gastos foron previamente aprobados, sinalando a gravidade deste tipo de actuación e dando carácter desfavorable ás facturas de dous provedores (importe total superior a 60.000 euros) por omisión no procedemento de contratación", sinala Nico Martínez.

"Remanente positivo?"

Outro dos puntos tratados foi a aprobación do peche do exercicio 2011, onde o Concello informaba que existe un Remanente de Tesourería para Gastos Xerais axustado de 150.719,34 euros. Desde o Pimaz solicitan unha explicación sobre a orixe do mesmo: "no pleno do 2 xullo do 2009 o Concello asina un préstamo por importe de 299.982,94 euros a un prazo de 6 anos para facer fronte a pagos pendentes a empresas e autónomos, xa que nesa data, aplicando un decreto lei, autorizouse un plan de saneamento ao pechar, o Concello de Mazaricos, o exercicio 2008 con Remanente de Tesourería negativo. Por iso é polo que o exercicio 2011 presente un Remanente positivo".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PIMAZ de Mazaricos.

Comentarios