Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Plan Único permitirá crear dúas áreas de ocio e a reparación de varios camiños en Mazaricos

O Plan Único permitirá crear dúas áreas de ocio e a reparación de varios camiños en Mazaricos

O Concello de Mazarios poderá afrontar a través do Plan Único, e cun investimento de 125.000€, dous proxectos importantes: A creación de dúas áreas de ocio na Gueima e Ponteolveira e reparación en infraestruturas viarias de Colúns, Corzón e Eirón.

O alcalde, Juan José Blanco Riveiro explicou que a corporación continúa co seu “compromiso coas melloras de camiños do Concello, o 80% das inversión do POS van para este tipo de viarios”. O mandatario engadiu que “as áreas de ocio son un avance máis na mellora do camiño de Santiago, que se suma ás obras acometidas en Lago, a área do Monte Aro e a necrópole de Pedras Miúdas”. Blanco tamén quixo subliñar que “sen as aportacións da Deputación sería imposible manter os camiños”.

Na Gueima e Ponteolveira instalaranse dous parques en terreo municipais con merendeiros. Por outra banda, na Gueima tamén se plantarán carballos e outras especias de árbores autóctonas.

Fonte

  • Mazaricos-

Comentarios