Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Para que os nenos de Mazaricos vaian a escola en bici

Para que os nenos de Mazaricos vaian a escola en bici
Ruta en Bici por Mazaricos 2

Non facía o días máis axeitado xa que as nubes ameazaban con chuvia dende primeira hora da mañá. Pero uns 75 bravos ciclistas costeiros, entre eles moita rapazada, non quixeron desaproveitar a oportunidade de coñecer os recantos máis fermosos de Mazaricos a dúas rodas. Era o Día da Bicicleta de Mazaricos, e o madrugón mereceu a pena. O percorrido foi por lugares emblemáticos do Concello como A Ponteolveira, Sanfoga, Choupana, Picaraña ou a área de recreo de Pontenova.

O Concello confirma a idea de promover hábitos saudables, como é o medio de transporte non contaminante. “Queremos fomentar que os nenos aprendan a ruta para ir á escola en bicicleta”. “Os concellos rurais son ideais para fomentar este tipo de prácticas”, engadiu o alcalde.

A aposta familiar terá a súa reedición. “Tras a boa acollida da convocatoria o pasado ano, decidimos repetila”, explican desde o departamento de Deportes do Concello.

Fonte

Comentarios