Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Santa Comba toma forza acollendo o “Gran Slam” dos concursos de gando

Santa Comba toma forza acollendo o “Gran Slam” dos concursos de gando
A Conselleira a Poxa de Xovencas de Santa Comba coa alcaldesa Imaxe da Poxa de Xovencas de Santa Comba do pasado marzo Ca #SemanaGandeira de Mazaricos á volta da esquina, a comarca do Xallas quere ratificarse como unha das grandes referencias do sector leiteiro galego. E faino coa 27ª edición do Concurso Autonómico da Raza Frisona “FEFRIGA 2018”, que terá lugar a fin de semana do 23, 24 e 25 de novembro no recinto feiral de Santa Comba. Unha demostración da importancia da capital xalleira na organización de eventos gandeiros, xa que será a primeira vez en moitos anos, este concurso celébrase fóra das instalacións da macro- recinto feiral de Silleda. Curiosamente, xa nos anos 80, Santa Comba acolleu a primeira edición do evente autonómico, e agora volve a un recinto e a unha comarca que aposta pola gandeiría como opción de presente e de futuro. Así, despois da famosa Poxa de Xovencas de marzo, esta cita é outra das máis importantes do sector, considerada como o auténtico “Gran Slam” dos concursos de gando vacún de raza frisona. Haberá máis de 100 animais e 4 concursos, 2 de manexadores, nas xornadas do venres 23 e do domingo 25 e, na xornada do sábado 24, os 2 concursos “estrela”, o de xatas e xovencas e o de vacas e campionato.

O sector leiteiro, fundamental en Galicia

A última edición do concurso organizado pola Federación Frisona Galega tivo lugar do 26 ao 28 de xaneiro do ano pasado durante a II Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, ABANCA CIMAG-GANDAGRO 2017, á que asistiron 21.000 persoas chegadas de Galicia, Asturias, Cantabria, Castela e León e o norte de Portugal. Cifras que non son casuais, senón que se deben á profesionalización cada vez maior dos produtores e aos importantes avances xenéticos que experimentou e segue a experimentar a Raza Frisona. Cifras que demostran que o sector do vacún leiteiro continúa a ser un eixe fundamental do tecido económico galego. Con Concursos como o que se celebrará en Santa Comba nas vindeiras datas, FEFRIGA pretende resaltar que aínda que o número de explotacións continúa a descender –2.877 ganderías rexistradas en Control Leiteiro en 2017, 108 menos que en 2016–, o número de vacas mantense –294.131 inscritas no Libro Xenealóxico da Raza Frisona en 2017 fronte ás 289.017 de 2016– e a produción media aumenta considerablemente –10.101 kg/vaca en 2017 fronte a 9.930 kg/vaca en 2016 (lactacións normalizadas a 305)–.

Actividades

Concurso de Raza Frisona Santa Comba 2018 A fin de semana acollerá unha mostra con máis de 50 stands relacionados co sector agro- gandeiro e de maquinaria, e contará apoio de Abanca. O xoves 22 xa comezará a chegar o gando no recinto feira. O venres 23 ás 16:00h comezará o Concurso de Xóvenes Preparadores de Gando “FEFRIGA 2018”. Para o sábado pola mañá, a partir das 10:30h terá lugar o XXVII Concurso Autonómico Xulgamento das seccións de Xatas e Xovencas; e pola tarde, o da sección de vacas e campionatos. A cita dominical quedará para o Concurso Autonómico de novos Manexadores, organizado polo clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia, antes do xantar e entrega de Mencións Honoríficas FEFRIGA 2017.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-semanagandeira-de-mazaricos-e-a-gran-referencia-na-provincia-e-unha-das-duas-mais-importantes-de-galicia/ https://quepasanacosta.gal/unha-abarrotada-poxa-de-xovencas-e-a-degustacion-dun-tenreiro-frison-completan-unha-gran-semana-do-leite-en-santa-comba/

Comentarios