Martes. 19.11.2019
El tiempo

Sen rastro das casas sumerxidas polo embalse da Fervenza

Sen rastro das casas sumerxidas polo embalse da Fervenza
embalse brandonas zas En Brandoñas (Zas) xa non queda ningún resto das dúas casas que foron asolagadas A pesar do baixo nivel de agua do embalse da Fervenza (que a día de hoxe é do do 22,33%) xa non se ve case ningún resto das vilas que quedaron sepultadas a mediados da década dos 60. No plan hidrolóxico nacional posto en marcha por Franco, comtemplaba que o embalse da Fervenza acadase os 103 hectómetros cúbicos asolagando así lugares como Castrelón, O Ribeiro de Arriba, O Ribeiro de Abaixo, As Abeleiras, O Pego, entre outros, pertencentes aos concellos de Mazaricos, Dumbría, Vimianzo e Zas. Esta presa xera parte da enerxía que emprega Ferroatlántica nas súas fábricas de ferroalineacións. "Durante 50 anos, o encoro da Fervenza serviu de canteira para a zona", afirma un dos veciños de Niñán; un dos lugares do concello de Mazaricos que quedou ás portas de ser sepultado baixo as augas do embalse. De feito, estes días é posible ver as rodeiras de tractores e outras maquinarias pesadas que se achegan ata a zona para seguir sacando pedras miúdas que aínda quedan onde antes había un núcleo de casas. embalse fervenza Rodeiras de máquinas pesadas que transitan estes días pola zona do embalse Coa ilusión de poder ver os restos das casas, son moitos os que se achegan estes días ata o encoro e algún veciño incluso se atreve a contabilizar os visitantes que en días como o domingo "contei máis de doce coches". igrexa san tome baos mazaricos A igrexa de san Tomé dos Baos foi trasladada pedra a pedra ata a aldea de Niñán Algúns destes curiosos incluso chega coa idea de que se pode ver a torre da igrexa de san Tomé dos Baos, unha falsa historia xa que a capela foi trasladada en boa parte ata a aldea de Niñán onde a pedra se mistura co cemento. Previsións metereolóxicas embalse fervenza baos mazaricos A porcentaxe de agua embalsada é do 22,33%, mentras que o ano pasado pola mesma época era do 94,17% A situación non ten trazas de mellorar xa que as prediccións metereolóxicas din que as próximas semanas serán secas con posibilidade de precipitacións con carácter puntal. Segundo informan dende a Oficina Técnica da Seca - OTS -, a rede hidrolóxica da demarcación segue a rexistrar caudais excepcionalmente baixos para esta época do ano, xa que as pequenas precipitacións rexistradas no mes de xaneiro, non supuxeron cambios significativos na situación. Por este motivo, a OTS recomenda manter a moderación de auga e un uso responsable dese recurso. presa embalse fervenza A mediados dos anos 60 construiuse unha presa de 103 hectómetros cúbicos para xerar enerxía que agora pertence a Ferroatlántica Unha situación similar á destes días viviuse en decembro de 2015, cando a porcentaxe de auga embalsada era do 28,16%."O nivel de agora está moitas veces no verán, o excepcional é que haxa esta sequía no mes de xaneiro" relata un experto na materia. Os últimos datos recollidos por Aguas de Galicia, indican que a día 17 de xaneiro, a porcentaxe de auga embalsada é do 22,33%. O que se traduce en que dos 103 hm3 que ten o encoro tan só hai 23 hm3 de agua embalsada. Moi lonxe dos 97 hm3 (é dicir, o 94,17%) que había na mesma semana do ano pasado, días despois dun forte temporal de choiva e vento que provocou numerosas incidencias en toda a Costa da Morte.   Novas relacionadas Fonte    

Comentarios