Martes. 16.04.2024
El tiempo

Sofren un novo roubo no aparcamento de subida ao Monte Pindo dende o Fieiro

Roubo no Fieiro
Así quedou a fiestra do coche roubado no Fieiro
Sofren un novo roubo no aparcamento de subida ao Monte Pindo dende o Fieiro

”É algo habitual”, explicábanlle os veciños do lugar do Feiro á parella de visitantes que sufriron un roubo este pasado domingo, no aparcamento que hai no comezo da subida ao Monte Pindo dende o lugar mazaricán. Alguén rompeu a fiestra do coche e levou o bolso que había dentro.

Unha situación que os veciños queren facer pública para que a xente tome precaucións á hora de deixar as súas pertenzas, e para que as forzas de seguridade tomen máis medidas de protección.

Unha situación que si se repite en verán e en lugares máis turísticos como o Ézaro.

Novas relacionadas

Comentarios