Venres. 29.03.2024
El tiempo

Sufocan un incendio durante horas nunha granxa de Mazaricos

Sufocan un incendio durante horas nunha granxa de Mazaricos

Incendio na Granxabar de Grille-Mazaricos

Non eran nin ás 6:00h cando se rexistraba un incendio industrial nunha granxa de Grille, en Mazaricos. O estercoleiro, que arde moi fácil, comezou a prender botando unha fumarada moi densa. Ao lugar tiveron que acodir o GES de Muros, ademais dos Bombeiros de Cee e Santa Comba, ademais de Protección Civil de Mazaricos, e xa pasaran as 11:00 da mañá e os efectivos seguían arrefriando o lugar para evitar que se propagase.

Afortunadamente non houbo danos persoais nin nos animais.

Comentarios