Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Tania Fuegho, escollida por segundo ano Mellor Intérprete feminina na Arxentina

Tania Fuegho, escollida por segundo ano Mellor Intérprete feminina na Arxentina
Tania Fuegho A cantante mazaricá Tania Fuegho vén de darnos unha nova alegría. Acaba de ser escollida en Arxentina pola radiofórmula Elegidos45 como Mellor Interpretación Feminina de 2016,  cunha canción en galego, 'O Imposible'. Tania Fuegho estivo 30 semanas pelexando cos máis famosos cantantes do mercado latinoamericano como Chenoa, Alessandra Amoroso ou Kany García. De feito, o tema "O imposible" rematou en 4ª posición o ranking 2016, só por detrás de Sergio Contreras e Miguel Saez, David Bustamante e Hugo Torreiro. A Mellor Interpretación Masculina 2016, así como o premio principal como Artista do Ano, foi para David Bustamante, con 'Como yo te amé', mentres que a Mellor Canción do Ano foi a de Valerio Scanu, 'Finalmente piove', e o premio ao Mejor Videoclip foi para Chenoa por 'Son humana'. É o segundo ano que a audiencia escolle a Tania Fuegho, facendo que a nosa lingua estea moi presente no mercado latino. O ano pasado obtivo o premio con 'Estrelas por compartir'. Esta artista forma parte do xurado de 'recantos', o concurso que busca novos talentos da canción no programa Luar de la Televisión de Galicia. Fonte

Comentarios