Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Un Belén de Eucalipto para Mazaricos

Un Belén de Eucalipto para Mazaricos
Nenos e nenas de Mazaricos inauguraron o Belen de eucalitp Nenos e nenas de Mazaricos inauguraron o Belen de eucalipto

Non sabemos cantos eucaliptos pereceron, pero parece que en Mazaricos tomaron moi en serio a campaña #Arrincauneucalipto. Dende onte, un Belén xigante, feito de eucalipto, preside a entrada do Concello de Mazaricos, gracias á colaboración das asociacións Eu Son Mazaricos, as Amas de Casa e as nenas e nenos MZ no marco do concurso de fachadas e escaparatismo. Contaron ademais coa axuda de Jorge Sanmartín, que se encargou das tallas.

Mentres continúa o programa de Nadal e a campaña de recollida de xoguetes, coas singulares citas da a Carreira de San Silvestre e o Brinde Leiteiro para celebrar o fin de ano como grandes reclamos.

Pero outra das accións máis destacadas será a Cabalgata reivindicativa, unha cabalgata única e diferente. A cabalgata é un complemento ao brinde leiteiro que terá lugar o día 31 tras a Carreira do Leite, pois ambos pretenden amosar a #EsenciaMZ e reivindicar o orgullo de ser un concello gandeiro e rural.

Nadal 17

Fonte

a e solidariedade para o Nadal da MZ.

Comentarios