Venres. 19.04.2024
El tiempo

Un ferido en Mazaricos tras envorcar a súa furgoneta

Un ferido en Mazaricos tras envorcar a súa furgoneta
Accidente dunha furgoneta de peixe en Mazaricos-Foto-Ges Muros Accidente dunha furgoneta de peixe en Mazaricos-Foto-Ges Muros

Unha furgoneta –de transporte de peixe- envorcaba esta mañá de mércores, arredor das 10:30h, e o seu condutor resultou ferido, se ben sen demasiada gravidade. O vehículo circulaba pola estrada que vai de Pino de Val a Muros, ao paso por Suevos, Mazaricos.

Un particular alertaba ao 112 Galicia de que había unha persoa no interior do vehículo - consciente- pero non podía asegurar si estaba atrapada. Así, dende o 112 alertouse aos servizos sanitarios, Bombeiros de Santa Comba e aos axentes de Tráfico que, decontado, se desprazaron ata o lugar. Do mesmo xeito, informouse aos efectivos do GES de Muros e de Protección Civil de Mazaricos.

Unha vez no punto, os Bombeiros e membros do GES confirmaron ao CIAE que non foi preciso excarcerar pero si sacaron á persoa do interior do turismo, que foi trasladada polo persoal sanitario ao Hospital La Rosaleda de Santiago de Compostela.

Accidente dunha furgoneta de peixe en Mazaricos-Foto-Ges MurosAccidente dunha furgoneta de peixe en Mazaricos-Foto-Ges Muros Accidente dunha furgoneta de peixe en Mazaricos-Foto-Ges Muros

Feito o transvasamento da mercadoría a outro camión isotérmico e retirado o camión sinistrado, os servizos de emerxencia alí desprazados, encargáronse da limpeza da vía.

Accidentes 2017

Fonte

Comentarios