Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Un ferido tras un accidente entre un tractor e un turismo

Un ferido tras un accidente entre un tractor e un turismo

Unha persoa resultou ferida a pasada noite de luns 9 de outubro, arredor das 21:30h, cando un tractor e un vehículo chocaban na estrada que enlaza A Pereira e Pino de Val, xustamente, entre as localidades de Mazaricos e Santa Comba.

Ao lugar acodiron 061-Urxencias Sanitarias. Así mesmo, alertou á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros do Xallas e aos efectivos de Protección Civil de Mazaricos e Santa Comba.

Unha vez no punto, persoal sanitario confirmou a evacuación do ferido a un centro hospitalario de Santiago de Compostela.

Novas relacionadas

Accidentes 2017

Fonte

Comentarios