Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Un home ferido grave tras caer dun tellado en Mazaricos e outro caeu inconsciente en Muxía

Un home ferido grave tras caer dun tellado en Mazaricos e outro caeu inconsciente en Muxía
Un home resultou ferido despois de caer do tellado dunha casa. Ocorreu ás 13:20 horas de hoxe no lugar de Beba, no concello coruñés de Mazaricos. O home presentaba lesións graves e foi evacuado de urxencia polo helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela. Ao lugar de Beba acudiron, tamén, os voluntarios de Protección Civil da vila, que indicaron que o ferido estaba traballando no tellado, pero nada confirma que se trate dun accidente laboral. O persoal do 112 Galicia informou igualmente aos membros do GES de Muros e aos axentes da Garda Civil.

Localizado inconsciente na rúa

Entre o 18 de marzo e o 27 de setembro os helicopteros do 061 estaran operativos 12 horas ao dia O Helicóptero medicalizado tivo que acodir a Muxía O helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela se desprazou tamén a Muxía. Un home foi localizado inconsciente e tendido en vía pública. Ocorreu ás 15:30 horas de hoxe no lugar de Merexo. O persoal do 112 Galicia pediu a colaboración dos voluntarios de Protección Civil e dos axentes da Garda Civil.

Fonte

  • Axega.

Comentarios