Luns. 13.07.2020
El tiempo

Un vaso de leite para celebrar o día mundial do leite

Un vaso de leite para celebrar o día mundial do leite
mazaricos-dia-mundial-do-leite O concello convidou a un vaso de leite e a outros derivados lácteos a todos os que se achegaron onte ata a casa consistorial Existen moitas formas de celebrar unha data sinalada. E unha das máis singulares dos últimos tempos tivo lugar onte en Mazaricos que, co gallo do día mundial do leite, decidiu convidar cun vaso de leite a todos e todas as que se achegaron ata a casa do concello. "É un xeito de facer visibles os produtos MZ. Somos un concello inminentemente gandeiro e estamos orgullosos e orgullosas de selo, temos orgullo do noso”, afirmou o alcalde - Juan José Blanco Riveiro -. Poñer en valor unha das principais actividades económicas do municipio - a gandeiría - e promover o consumo deste alimento nutritivo foi o obxectivo co que puxeron en marcha esta iniciativa. Así, repartiron máis de 15 litros de leite das vacas mazaricás e outros derivados lácteos como batidos, zumes e queixo. mazaricos-leite Alumnos e alumnas da escola infantil de Mazaricos visitaron onte a casa do concello Ademais do movemento habitual do concello, a casa consistorial recibiu a visita dos nenos e nenas da escola infantil que tomaron a parva da mañá a base de productos lácteos e acompañados da vaca Mazaricá.

Novas relacionadas

Fonte

 

comentarios