Martes. 23.04.2024
El tiempo

Unha Festa Africana en Mazaricos para recadar fondos para Costa de Marfil

Unha Festa Africana en Mazaricos para recadar fondos para Costa de Marfil
V Festa africana en Mazaricos

Sorprendentemente boa a nova da celebración da V Festa Africana de Mazaricos. O sábado 6 de xullo, a entidade Ergueire artella esta xornada de sensibilización nas instalacións de Naturmaz no encoro da Fervenza, Mazaricos.

A finalidade da cita é recadar fondos pois a Asociación de Cooperación Exterior Égueire está poñendo en marcha un proxecto educativo no sur de Costa de Marfil para mozas. Tamén colaboramos en proxectos educativos e sociais presentados por pequenas entidades do país.

Deste xeito partir das 11:30 da mañá haberá demosración de artesanía africana e outras actividades lúdico-deportivas. A partir das 13:30h entrada ao comedor para xantar un prato africano preparado cos mellores produtos da nosa terra, acompañando ao café recrearémonos/recrearémosnos co grupo de música e danza SOTHECA, proveniente de Costa de Marfil para esta ocasión.

Como colaborar

En calquera sucursal de NovaGalicia Banco podedes facer o ingreso dos 20€ que custa a xornada (os menores de 10 anos de balde) na conta 2080 0313 90 3040005650, indicando, moi importante, quen fai o ingreso e o número de persoas que asisten con ela así como si son adultos (ad) ou nenos (n). Non perdan o recibo será necesario presentalo o día da festa, na entrada.

  • Data tope para anotarse: 2 de xullo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios