Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Unha muller da Picota tivo que ser trasladada por intoxicación ao quedarlle un fornelo da cociña acendido

Unha muller da Picota tivo que ser trasladada por intoxicación ao quedarlle un fornelo da cociña acendido

A pasada noite de luns, unha muller da Picota (da Avda. 13 de abril) tivo que ser trasladada ao Hospital Clínico de Santiago de Compostela, con síntomas de intoxicación por inhalación do gas que desprendeu un fornelo da cociña que quedou aceso.

Eran as 20:30h cando unha muller chamaba ao 112 indicando que cando chegou á casa da súa irmá, atopouna moi desorientada e cun cheiro moi forte a gas na súa vivenda.

Chegaba a ambulancia, e tamén Bombeiros do Xallas, Garda Civil, GES de Muros, Protección Civil da localidade e ao servizo de avarías da empresa subministradora do gas. Unha vez no punto e cortar o gas tras comprobar que o fornelo da cociña quedara acendido, os Bombeiros, confirmaron o traslado da señora ata o Hospital Clínico de Santiago de Compostela.

Fonte

  • Axega.

Comentarios