Martes. 23.04.2024
El tiempo

Varios feridos na fin de semana tras sendos accidentes en Baio e nas Maroñas

Varios feridos na fin de semana tras sendos accidentes en Baio e nas Maroñas

Varios accidentes esta pasada fin de semana na que o tempo fixo complicada a condución.

Accidente en Baio

Choque frontal este domingo arredor das 19:00h na Autovía xa feita corredor VG-1.5, á altura da saída de Baio, en Zas. Dous vehículos colisionaban frontalmente despois de que un dos turismos atravesara a mediana e chocara frontalmente contra outro vehículo que circulaba no sentido oposto da circulación.

Unha persoa resultou ferida, pero finalmente non tivo que ser excarcelado. Bombeiros de Santa Comba e á Garda Civil de Tráfico chegaron de contado ao lugar para axudar a trasladar ao ferido. O CIAE tamén requiriu a intervención do persoal do servizo de mantemento da estrada, que se encargou da limpeza da vía.

Accidente na AC-400

Accidente nas Maronas Accidente nas Maroñas-Foto-GES Muros

Foi o pasado sábado 9 de setembro cando unha autocaravana e un vehículo chocaban a altura das Maroñas, do km.65 da AC-400, na estrada que vai de Mazaricos a Santa Comba, nas Maroñas (concello de Mazaricos). Eran ás 16:15 cando se producía o choque tendo que ser evacuados os tres ocupantes dos vehículos, se ben ningún revistía gravidade. Interviñeron o GES de Muros, Tráfico, o 061 e os Bombeiros de Santa Comba.

Incendio en Muxía

Esta pasada noite de domingo, arredor das 22:30, un supostamente provocado incendio duns palets na praia da Cruz, en Muxía, alertaba a varios veciños que avisaban de inmediato o 012. Acodían Protección Civil de Muxía, e os Bombeiros de Cee con rapidez porque as lapas xa afectaran a un mastro da luz, polo que afortunadamente non houbo que lamentar máis danos.

 

Accidentes 2017

Fonte

Comentarios