Martes. 19.11.2019
El tiempo

70.000€ para unha pista de pádel en Muros: Isto é desenvolvemento rural?

70.000€ para unha pista de pádel en Muros: Isto é desenvolvemento rural?
Pista cuberta de padel - Foto SportPadel

Que os gastos europeos para desenvolvemento rural ás veces se gastan en cousas estranas xa é coñecido. Pero o que acaba de descubrir Adega sobre as últimas axudas aportadas por AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) é de traca. Dos 4,5 millóns destinados, polo menos en teoría, a "servizos básicos para a economía e a poboación rural", atopamos que 423.104 son gastados na construción de pistas de padel.

Entre eses 400 mil euros atopamos que hai un investimento na zona como os 70.970€ aprobados para a construción dunha pista de pádel cuberta no Concello de Muros. Ademais, hai outros 28.743€ pra o Concello de Santa Comba.

Adega asegura que estas axudas destilan "escurantismo e clientelismo". A resolución publicouse catro días antes das eleccións galegas. O caso: É isto desenvolvemento rural?

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios