Sábado. 20.04.2024
El tiempo

70 Carrilanas prepáranse para tomar Esteiro

70 Carrilanas prepáranse para tomar Esteiro
A camiseta de Luis Davila das Carrilanas de Esteiro 2016 xa está na rúa A camiseta de Luis Davila das Carrilanas de Esteiro 2016 xa está na rúa Unha das citas máis esperadas do verán muradán xa está aquí. O paseo marítimo de Esteiro foi testemuña da presentación do vindeiro XXIX Gran Premio Carrilanas de Esteiro Marqués de Vizhoja 2016, que terán lugar este fin de semana, o  16 e 17 de xullo. No acto, o gran protagonista foi o presidente da Asociación Deportiva e Cultural Esteirana de Carrilanas, Ramiro García, “O Gerente”, membro fundador da ADC Esteirana de Carrilanas e recentemente homenaxeado en Trasouteiro, ademais dos representantes da empresa patrocinadora Bodegas Marqués de Vizhoja. Todos ensalzaron a labora da entidade organizadora para armar este “evento referente dun ocio saudable, entrañable e respetuoso que acada, ano tras ano, non só máis notoriedade senón tamén máis apoios, proba evidente do bo facer que dende a organización se está a desenvolver”. Imaxe da Baixada do ano pasado Imaxe da Baixada do ano pasado A Carrilanas dos Patrocinadores tamen competira A Carrilanas dos Patrocinadores tamen competira Serán 70 as carrilanas que percorran a famosa baixada para deleite dos centos de persoas que ateigan as beirarrúas. Ademais, exposición, verbenas e moito máis. No punto de mira desta XXIX edición segue a estar a consecución da designación do Gran Premio Carrilanas de Esteiro Marqués de Vizhoja como Festa de Interese Turístico Nacional; “Sabemos que non é doado, que son moitas as restricións da regulación, pero tamén é certo que nunca estivemos tan preto, é cuestión de meses que por fin poidamos celebrar que Esteiro xa teña unha festa de interese turístico nacional.”, aseverou David Fernández.  

Programa completo

Gran Prix Carrilanas Esteiro 2016 VENRES 15 DE XULLOFestas de Santa Marina de Esteiro co Gran Prix de Carrilanas -20H adestramentos oficiais libres SÁBADO 16 DE XULLO -De 12 a 15 h exposición de carrilanas obligatoria na Alameda. Reparto de dorsais e control de firmas. -Sesión Vermut (haberá pulpeira) -De 15h a 17h subida de carrilanas a cargo da organización.Saída da Alameda. -17h peche ao tráfico para todos os vehículos. -19:00h Pole Position. (Baixada cronometrada de Carrilanas ata a “Calle do Sol”. -23h FESTA DAS CARRILANAS Coa actuación do Grupo Folk Melidaos, Pablo Balseiro y Los Cascarillas, Monoulios Dop DOMINGO 17 DE XULLO -13h exposición obrigatoria de carrilanas na Alameda. Sesión vermú con orquestra. -Actuación durante todo o día da charangas Santiaguiño e Compostela -19:00h saída das carrilanas de rapaces. -19:30h saída das carrilanas lentas. -20:00h saída das carrilanas rápidas. -Ao remate entrega de trofeos e degustación de productos da terra e do mar, regados con viño Marqués de Vizhoja, na Alameda. -A continuación VERBENA CON ORQUESTRA na honra a Santa Mariña. LUNS 18 DE XULLO -Dianas e alboradas con XEITURA, AGROCOVO E OS BREAS. -Pola noite VERBENA CON DÚAS ORQUESTRAS na honra a Santa Mariña. Novas relacionadas Fonte

Comentarios