Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Asociación SORUM de Muros institucionaliza os seus premios

A Asociación SORUM de Muros institucionaliza os seus premios

A Asociación SORUM para a promoción da Vila de Muros comeza este ano un novo proxecto: a institucionalización dos seus propios galardóns.

Este ano, a Gala de Entrega de Premios celebrarase o último sábado de setembro, día do 24, ás 20:00 horas, no Auditorio da Casa da Cultura de Muros, e será presentada polo prestixioso actor de Esteiro, Víctor Fábregas.

Durante a gala, outorgaranse cinco distincións a outras tantas persoas, grupos de persoas ou institucións que destacaran de maneira relevante nos seguintes aspectos:

  • Promoción de Muros (Premio SORUM 2011 á promoción da Vila de Muros);
  • Deporte (Premio SORUM ao deporte, 2011);
  • Que contribuíran ao desenvolvemento da cultura (Premio SORUM á labor cultural, 2011).

Tamén se concederá o Premio SORUM honorífico, 2011, destinado ao recoñecemento por algún feito que merecera tal distinción; e por último, o Premio SORUM 2011 para a persoa fortemente vinculada con Muros, que sobresaíra pola súa traxectoria profesional, académica, empresarial, etcétera.

O nome dos galardoados dirase na Gala de entrega dos premios.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Asociación SORUM.

Comentarios