Venres. 19.04.2024
El tiempo

A fochanca que non lle permite a Roberto volver a súa casa

A fochanca que non lle permite a Roberto volver a súa casa
A fochanca que separa a Roberto da sua casa en Serres Muros

Envíanos hoxe un veciño de Muros unha denuncia en forma de foto, pero tamén en forma de historia, pois a realidade de Roberto Albiolo merece un segundo de atención.

Roberto Albiolo, un home que desde fai moitos anos vivía nunha casa en Monte Redondo, na parroquia de Serres. levaba xa tempo cunha enfermidade que lle impedía acceder a súa propiedade se non podía ir en coche. Este home, a pesar de vivir ultimamente coa súa filla na Coruña, adoitaba a vir tódolos fins de semana a súa casa de Serrres, pero so podía trasladarse ata alí en coche debido a súa doenza.Tamén votaba largas tempadas en vacacións.

Ata aquí todo en orde. Pero que pasou? Desde mediados de marzo Roberto non puido volver a súa casa en Serres porque o concello rompeu o Camiño para unha suposta reparación, que aínda non se fixo, cortándolle totalmente o paso.

Case dous meses, tres escritos presentados polos veciños do Outeiriño solicitando que se tapase o burato e escombros que impiden o paso. “Ningún tivo éxito e o concelleiro de obras nin se dignou presentarse no lugar”, denuncia José Manuel Bermúdez Siaba.

Mentres, e xa pasan de dous meses, o señor Roberto non puido volver a súa casa en Serres ”por mor da desidia municipal. Os recortes causan sufrimento pero tamén causan moita dor o desprecio qeu por certos vecindarios teñen algúns gobernantes. Tapar un burato non costa cartos”, sinala un dos veciños.

Fonte

  • Información e foto de José Manuel Bermúdez Siaba.

Comentarios