Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A mostra fotográfica "Oficios entre lusco e fusco" chega a Muros

A mostra fotográfica "Oficios entre lusco e fusco" chega a Muros
muros-exposicion-oficios-entre-lusco-e-fusco A alcaldesa de Muros e membros de Abanca e de AFundación asinaron onte un convenio de colaboración A partir de hoxe poderáse visitar na sala de exposición Muíño de Marea do Pozo do Cachón, do concello de Muros, a exposición fotográfica "Oficios entre lusco e fusco", de Xosé Abad, que nace dun convenio colaboración entre o concello e Abanca e a Afundación firmado na mañá de onte. Ás 12:15 horas terá lugar a inauguración que correrá a cargo da alcaldesa de Muros - María Xosé Alfonso Torres -; Xosé Abad, autor das fotografías e responsable do proxecto; a coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación - Paloma Vela Garicano -; e o director da oficina de Abanca en Muros - José Manuel Lomba Fernández -. Composta por imaxes do fotógrafo Xosé Abad, a mostra, que poderá visitarse desde mañá ata o 10 de decembro, ten como obxectivo reflexionar sobre a desaparición de moitos oficios pola mecanización do traballo e a produción en masa no eido da sociedade de consumo, amosando como a calidade da produción, a experiencia como garantía ou a consideración cara aos profesionais son valores que están en claro retroceso. Horarios de visita Esta iniciativa é parte do proxecto de Abanca e Afundación de trasladar as exposicións fóra das súas sedes co obxectivo de facelas accesibles a distintas poboacións nas catro provincias galegas. A mostra, de entrada libre e gratuíta, poderá visitarse ata o 10 de decembro en horario de luns a venres de 10 a 14 e de 16:30 a 19 horas e os sábados entre as 10 e as 16 horas.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios