Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Ruta de Autocaravanas Nómada Solidari@s conseguíu fondos para instalar un sistema solar fotovoltaico en Malawi

A Ruta de Autocaravanas Nómada Solidari@s conseguíu fondos para instalar un sistema solar fotovoltaico en Malawi
A Ruta Solidaria de Autocaravanas en Balarés A Ruta Solidaria de Autocaravanas en Balarés Esta fin de semana celebrouse a II Ruta de Autocaravanas Nómada Solidari@s, que transcorreu por vilas da Costa da Morte. Nesta segunda edición da Ruta Solidaria participaron preto de 40 persoas e 11 autocaravanas, que se achegaron a zona dende lugares como A Coruña, Ourense e Vigo. Unha Ruta que serve para recadar fondos para realizar unha nova instalación solar fotovoltaica na residencia para mozas estudantes "Amai María" de Lilongwe, capital de Malawi. Unha instalación que completa a obra do ano pasado, cando a Ruta permitía instalar nun dos edificios da residencia de estudantes, un sistema solar fotovoltaico para mellorar o subministro eléctrico da residencia. I é que os cortes eléctricos en Malawi prodúcense a diario e poden prolongarse de varias horas a varios días a as instalacións realizadas permitirán dispoñer de electricidade aínda que haxa cortes na rede de subministro. En Razo A saída desta segunda edición da Ruta Nómadas Solidari@s tivo lugar no polígono de Bértoa (Carballo) o venres día 25 de maio, onde a empresa patrocinadora da ruta e colaboradora habitual dos proxectos que a asociación Operación Pangono Pangono realiza en Malawi, Nómadas Motorhome, inaugurou as súas novas instalacións e ofreceu un aperitivo aos participantes na Ruta. Xa cara a noite do venres, as autocaravanas participantes dirixíronse á praia de Razo a pasar a noite. O sábado 26 visitouse á mañá a vila de Muros, para logo pasar a tarde e facer noite no Camping A Vouga, moi preto da localidade muradana. Ao día seguinte, o domingo 27, as autocaravanas dirixíronse cara Ponteceso, os participantes comeron na praia de Balarés pasando a tarde no areal situado no estuario do Anllóns. Esta segunda ruta solidaria de autocaravanas puido celebrarse grazas á cesión de autocaravanas que realizou s empresa Nómadas Motorhome e contouse, ademais, coa colaboración do Camping A Vouga (Muros) e os Concellos de Carballo, Muros e Ponteceso. No camping A Vouga

Novas relacionada

https://quepasanacosta.gal/operacion-pangono-caravana-de-autocaravanas-solidarias-de-razo-a-malawi/

Fonte

Comentarios