Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Xunta Local de Seguridade de Muros céntrase en combater a violencia de xénero

A Xunta Local de Seguridade de Muros céntrase en combater a violencia de xénero
O campo do Eleuterio Balayo con carteis contra a violencia de xénero

Como avanzar nas fórmulas de coordinación existentes para previr e loitar contra a violencia sobre a muller foi o asunto principal abordado o pasado venres na Xunta Local de Seguridade de Muros, copresidida polo subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán, e a alcaldesa de Muros, María Xosé Alfonso, xunto á xefa da Unidade de Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno, Judith Fontenla; o coronel Xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña, Francisco Jambrina, acompañado polo xefe do posto de Muros. Por parte do Concello, asistiron tamén responsables de Policía Local e Protección Civil.

En concreto, son dous as mesas que abordarán esta colaboración: a mesa local de coordinación interinstitucional, con presenza das diferentes institucións, organismos,vinculados a esta temática e que ten por obxectivo promover, no ámbito municipal, políticas e actuacións integrales para erradicar a violencia de xénero; e a mesa de coordinación policial, que reúne aos responsables dos corpos policiais co obxectivo de optimizar os recursos humanos e materiais existentes no Concello.

Doutra banda, na reunión realizouse un balance da seguridade no municipio, elaborado polos diferentes corpos de seguridade presentes. Do mesmo destacouse que o Concello de Muros ten un índice de delincuencia 9 puntos inferiores aos da media provincial.

Comentarios