Mércores. 03.03.2021
El tiempo

Adisbismur conta cun novo vehículo adaptado para a ruta Mazaricos-Valadares

Vehiculo-adaptado-ADISBISMUR
Novo vehículo adaptado de ADISBISMUR
Adisbismur conta cun novo vehículo adaptado para a ruta Mazaricos-Valadares

Os usuarios de Adisbismur de Mazaricos ata Muros poden disfrutar xa das comodidades do novo vehículo adaptado que a Asociación ten adquirido gracias ao compromiso da Fundación ONCE. A través do Plan de Prioridades, a entidade axudou con 13.000€ para que a Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (ADISBISMUR) comprase o vehículo, un modelo Ford Transit con capacidade para 9 prazas e con rampla de acceso adaptada.

Este vehículo vén a completar a flota que ten a entidade, un total de sete furgonetas adaptadas, e que serven para transportar ás 48 persoas que de luns a venres acoden ata o centro de Valadares dende os concellos de Noia, Muros, Outes, Mazaricos, O Pindo, Carnota, e Negreira, comprendendo unhas rutas con traxectos que superan os 100 quilómetros diarios.

Dende ADISBISMUR recalcan a necesidade de contar cun servizo de transporte adaptado para as persoas con discapacidade, permitíndolles poder acudir ata o centro e participar dos seus servizos que lles melloran a calidade de vida.

comentarios