Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Asterix, o celta no Finis Terrae

Asterix, o celta no Finis Terrae

Comezamos hoxe cunha nova colaboración da man do esteirán Francisco J. Portela. A través do seu blog Un lector indiscreto Francisco lévanos polos confíns da historia de Galicia, da Costa da Morte e da Barbanza. De aí a súa colaboración co xornal irmán Certo, onde publica diferentes curiosidades sobre o noso pasado e o noso presente.

Hoxe tráenos unha lenda que fala da Costa da Morte, e nace dunha conferencia de Cunqueiro en Lisboa sobre a Realidade histórica de Galicia.

Asterix, o celta

Conta a lenda que cando as lexións romanas, despois de ter conquistada a Galia, viñeron coas mesmas ideas á nosa Gallaecia, e chegaron a Fisterra, ao Finis Terrae. E, ao ver o sol fundirse no mar, escoitaron coma un ruído que fai un ferro fundido que se mete na auga da forxa do ferreiro e axoenlláronse, presos dun relixioso terror: chegaran a fin do mundo e viran a morte do sol. Chegaron a Costa da Morte.

Ler o artigo completo de Francisco J. Portela en Certo.



Comentarios