Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os cabalos fanse empresarios, de risco, no polígono de Ventín

Cabalos no poligono de Ventin-Muros
3 cabalos viven no polígono de Ventín
Os cabalos fanse empresarios, de risco, no polígono de Ventín

Parece que van abrir o seu propio negocio, porque de xeito habitual pasan botar un ollo polo polígono de Ventín, en Muros. Unhas visitas, as dos cabalos salvaxes, que pon en risco a seguridade, tanto dos condutores como dos propios cabalos, pois campan ás súas anchas, zampan a herba fresca das parcelas sen uso, cruzan polo medio da estrada…

Veciños e profesionais, como os do propio GES de Muros, levan denunciando a situación varios meses. De feito, xa o pasado mes de novembro amosaban unha situación que por aquel entón non pasaba de anécdota. Agora, varios meses despois, a anécdota convírtese nun mal costume.

Cabalos o pasado novembro no poligono
Imaxe dos cabalos diante do GES de Muros o pasado mes de novembro

”Os veciños atopámonos nunha situación de total desamparo, xa que as nosas autoridades políticas e de orde pública locais non son capaces de poñer remedio a esta situación que levamos sufrindo 5 ó 6 meses co risco vital que iso conlleva”, explícanos unha empresaria da zona. “Esta é unha estrada moi concorrida e transitada, e os animais andan sontos e sen control e iso é un risco vital evidente, teñen que cruzar na procura de auga”.

Son conscientes de que deberían ser os propietarios os que tomasen as medidas, pero polo de agora nada fan. A día de hoxe son 3 os que practicamente viven no polígono, porque cada día os donos "os deixan aí". “Eran 4 pero uno morreu aforcado polo deixamento dos seus propietarios e a pasividade das autoridades”, apunta, esperando que alguén faga algo por solucionalo.

Comentarios