Sábado. 20.04.2024
El tiempo

CCOO pide a renuncia dun deputado do PP por faltarlles ao respecto ás traballadoras de Calvo Esteiro

CCOO pide a renuncia dun deputado do PP por faltarlles ao respecto ás traballadoras de Calvo Esteiro

Quente continúa o caso do peche da planta de Calvo en Esteiro. E o último en botar leña ao fume foi o deputado Carlos López Crespo, do Grupo Parlamentario Popular, que segundo denuncia CCOO, faltoulles ao respecto ás traballadoras afectadas en plena cámara autonómica.

Acontecía o pasado luns 4 de decembro, cando o parlamentario, ademais de acusar a CCOO de mentir en relación co peche da planta, tentou minimizar un traslado forzoso de máis de 60 quilómetros aducindo que as traballadoras «seguen indo comprar ao mesmo supermercado» ou incluso «van á mesma igrexa á misa ou aos enterros».

Para CCOO, “é indigno que un representante do pobo se amose máis preocupado por defender un grupo empresarial que o ano pasado facturou máis de 60 millóns de euros que a unha localidade xa moi castigada como é Esteiro”. T

Por todo isto, desde CCOO piden a renuncia do seu escano a López Crespo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios