Venres. 10.04.2020
El tiempo

Chévere estrea en Muros a súa nova obra de teatro "Eroski Paraíso"

Chévere estrea en Muros a súa nova obra de teatro "Eroski Paraíso"
Membros de Chevere e a alcaldesa de Muros presentaron onte o novo espectaculo da compania teatral Membros de Chévere e a alcaldesa de Muros presentaron onte o novo espectaculo da compañía teatral A Fábrica de Sel de Muros vístese hoxe de longo para a estrea do novo espectáculo de Chévere titulado "Eroski Paraíso". A obra, que poderá verse tamén o sabado 19 e o domingo 20, presentouse onte nun acto que contou coa presenza da alcaldesa de Muros, María Xosé Alfonso, e dos membros de Chévere Xesús Ron, Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira e Cristina Iglesias. O espectáculo, o primeiro traballo da compañía logo de gañar o Premio Nacional de Teatro 2014, está protagonizado por Patricia de Lorenzo e Miguel de Lira, acompañados en escena dunha actriz moi nova, Cristina Iglesias, que foi seleccionada para este espectáculo nun obradoiro de prácticas escénicas realizado en 2015. “O Paraíso foi unha parte salientable da historia e da cultura de Muros, e é importantísimo vinculala ao mundo do teatro”, engadiu a alcaldesa de Muros que fixo tamén referencia ao interese que desperta o teatro no concello que lle leva a celebrar anualmente a mostra Xosé Agrelo, “como demostra o feito de que as entradas dispoñibles para venda adiantada estean xa esgotadas". Pola súa parte, Xesús Ron, director artístico de Chévere, destacou a pertinencia de estrear este espectáculo en Muros “xa que o que sae a escena é froito de entrevistas feitas na vila”. “Logo da resposta extraordinaria acadada polo espectáculo en dFeria, a Feira das Artes Escénicas de Donosti, representar este traballo en Muros suporá unha proba de lume coa xente que coñece a historia”, asegurou. Tanto Ron como Alfonso quixeron agradecerlle a Eroski a colaboración prestada para facer posible que esta estrea se producise en Muros. As entradas dispoñibles para venda adiantada en Muros están esgotadas dende hai días. En total, calcúlase que preto de 1000 persoas pasarán pola Antiga Fábrica de Sel durante os vindeiros días para ver o espectáculo. Eroski Paraíso será presentada tamén proximamente en Teo, Lalín e Coruña. Mirada cinematográfica Paraiso Eroski basease na memoria colectiva de Muros "Eroski Paraíso" é unha obra de teatro baseada na memoria colectiva de Muros Eroski Paraíso é unha peza inzada de intimidades, baseada no traballo de actor. O espectáculo propón ao público asistir como observador á rodaxe dun filme documental, superpoñendo no escenario a mirada cinematográfica e a teatral, reutilizando a linguaxe do cinema e os recursos do documental creativo para facer unha obra especificamente teatral. O proxecto xordeu dun proceso de investigación e documentación desenvolvido en Muros, explorando a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación dos afectos dentro da comunidade a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas Paraíso, que funcionou entre 1972 e 1990, e que posteriormente se converteu nun supermercado Eroski. Un feito que se repite en moitas outras vilas e cidades de Galicia. Chévere é unha compañía con 28 anos de traxectoria, que soubo manter con naturalidade unha proposta tan irreverente como xenuína e un sólido compromiso social, político e cultural. No ano 2014, o traballo da compañía foi recoñecido co Premio Nacional de Teatro. Fonte

comentarios