Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Colexio de Xornalistas aprende a loitar contra a desinformación ao alumnado de Cee e Muros

Obradoiro de Xornalismo na Escola do CPXG no CPI Plurilingüe Cabo da Area de Laxe
Imaxe dun Obradoiro de Xornalismo na Escola do CPXG no CPI Plurilingüe Cabo da Area de Laxe
O Colexio de Xornalistas aprende a loitar contra a desinformación ao alumnado de Cee e Muros

Interesante sesión formativa a que van vivir este venres os alumn@s do IES Agra das Raíces de Cee e o IES Fontexería de Muros. O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social “La Caixa” levan o programa didáctico sobre os medios de comunicación a través dun taller virtual. Unha actividade para familiarizar á mocidade galega co funcionamento dos medios, para que os escolares coñezan aspectos como o papel que desempeñan os profesionais do xornalismo e que valoren a importancia de contrastar as informacións nesta época de sobreinformación na que as “fake news” nos obrigan a ter ferramentas para filtrar o que informe do que desinforma.

Os talleres, que sevir´án no centro ceense desenvolveranse entre as 8:35 e as 10:10 e entre as 10:30 e as 12:05 horas, e estarán impartidos por Edith Filgueira Rodríguez, cun amplo currículo que abrangue distintos labores na Axencia Efe, La Voz de Galicia, Onda Cero ou El Mundo. Estes obradoiros será realizado coa nova modalidade que fixo nacer a situación sanitaria, a virtual, para adaptarse ás necesidades do alumnado.
Pola súa banda, o instituto muradán acollerá dous obradoiros presenciais, das 10:30 ás 12:00 e das 12:30 ás 14:00 horas, da man de Olaia Tubío Rei. Tubío Rei é graduada en Xornalismo e estudante do mestrado en Xestión Cultural, que ten traballado na Televisión de Galicia e no El Progreso.

Comentarios