Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Un ferido tras un accidente de moto en Louro

Accidente de moto en Louro-Foto-Xose Sendon
Foto-Xose Sendón
Un ferido tras un accidente de moto en Louro

Preto das 14:00h da tarde deste luns 30 de agosto rexistrábase un novo accidente de moto en Louro (Muros), a altura do camping. Foi unha colisión da moto cun turismo, que provocaba que o motorista sufrira unha aparatosa caída.

Finalmente foi trasladado ao Hospital de Santiago en Ambulancia con feridas leves nun pé. Participaron Policía Local, Ges de Muros e Garda Civil.

Comentarios