Martes. 22.09.2020
El tiempo

Unha lavadora provocou un incendio urbano en Muros

Unha lavadora provocou un incendio urbano en Muros

Esta pasada tarde de domingo, arredor das 16:30h, os membros do GES de Muros tiveron que acodir a sufocar un incendio nunha viveda do paseo de Bombé, en Muros. A orixe era a lavadora-secadora, que se atopaba nunha habitación illada. Os membros do GES tiveron que entrar pola fiestra para extinguir o lume, que afotunadamente non causou danos persoais, pero si deixou parte da vivenda calcinada.

comentarios