Sábado. 18.09.2021
El tiempo

As mariscadoras de Muros e Noia compartiron experiencias coas Recolectoras de orilla de Chile

Mariscadoras de Muros e Noia
As mariscadoras de Muros e Noia compartiron experiencias coas Recolectoras de orilla de Chile

O primeiro encontro entre mariscadoras e ‘recolectoras de orilla’ da ría de Muros Noia e Chile tivo lugar este pasado xoves 2 de setembro, ás 16:00 horas de España e 10:00 horas de Chile. Este acto contou coa participación das agrupacións de mariscadoras das confrarías de Muros e de Noia, ademáis da Asociación de Mulleres do Sector da Pesca Ría de Muros Noia Seo de Fisterra.

Por parte de Chile, participaron dúas asociacións de recolectoras da illa de Chiloé e unha terceira de Isla Tenglo, esta última pertencente á municipalidade de Porto Mount. "Recolectoras de orilla" é a denominación que reciben en Chile as mulleres que se adican á recolección de mariscos e algas a pé de praia, un traballo equivalente ao das mariscadoras galegas.

O encontro realizouse mediante videoconferencia e pola parte galega, as participantes reuníronse na sede do GALP Costa Sostible, en Noia. Dende Chile, dadas as distancias e as dificultades de comunicación, as ‘recolectoras de orilla’ conectáronse dende distintos puntos.

Durante as charlas, en máis dunha ocasión amosouse sorpresa por atopar, tan lonxe, a mulleres que realizaban traballos moi similares, a pesares das distintas condicións. Comparten o traballo sobre a praia, a dependencia das mareas, a importancia das mulleres na actividade e a parte artesanal do proceso de recolección, empregando en ambos casos instrumentos moi sinxelos.

O encontro enmárcase dentro do proxecto de Candidatura da Cultura do Marisqueo a Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO.

comentarios