Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Ministerio escolleu o IES de Muros para presentar o programa de dixitalización do ensino

Visita institucional ao IES As Insuas de Muros copia
O Ministerio escolleu o IES de Muros para presentar o programa de dixitalización do ensino

Visita institucional onte no IES As Insuas de Muros. O delegado do Goberno, José Miñoñes estivo no centro muradán para avaliar o desenvolvemento do programa “Educa en Dixital”, impulsado polo Goberno central. Un programa deseñado para dotar de ordenadores a alumnos en situación de vulnerabilidade dos centros educativos, que vén derivado dos tempos de confinamento.

Os políticos viron de primeira man algún dos 14.500 equipos comprados para estudantes de case 1.000 milleiros de centros públicos de Galicia durante este ano.

Consciente de que queda moito que traballar en materia de dixitalización do ensino, e máis no rural, Miñones destacou que o sistema necesita un impulso para profundizar na dixitalización, tendo en conta que “a pandemia e o confinamento evidenciaron novas brechas na educación, pois moitos alumnos vulnerables non puideron continuar co seu proceso de aprendizaxe porque non contaban cos dispositivos, a conectividade ou as ferramentas adecuadas para poder facelo”.

Comentarios