Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Morre unha persoa en Muros tras caer ao mar co coche

Morre unha persoa en Muros tras caer ao mar co coche
Un home falecía tras caer o seu coche ao mar no peirao de Muros-Foto-Jesús Fernández Un home falecía tras caer o seu coche ao mar no peirao de Muros-Foto-Jesús Fernández

Tarde tráxica en Muros. Un veciño da vila, duns 80 anos, falecía despois de caer co seu coche ao mar. A vítima foi rescatada do interior do vehículo aínda con vida. Así e todo, e malia os intentos dos efectivos de emerxencia por reanimala, acabou falecendo. Un suceso que acontecía arredor das 14:30h da tarde deste venres 18 de novembro.

Segundo sinalan, o home dirixíase cara o espigón, cara a cabeza do peirao, onde moita xente dá a volta. Intentou facer a manobra pero puido sentirse indisposto nese momento e o vehículo foi dereito, paseniño cara o mar.

Xente que o viu avisou ao o remolcador Sebastián de Ocampo de Salvamento que ten base no mesmo peirao, e en cuestión de 5 minutos saeu un mergullador do barco, e foi quen de rescatalo do interior do coche. Nese momento conseguiron reanimalo. Parecía que estaba estabilizado, pero faceleu minutos despois cando ía ser trasladado no helicóptero medicalizado.

O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 puxo a situación en coñecemento de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia e de Urxencias Médicas. Tamén se informou aos Bombeiros de Cee, ao GES de Muros e á Policía Local. Numerosos veciños sufriron os momentos de tensión do suceso.

un-morto-tras-caer-ao-mar-coche-muros-foto-jesus-fernandez-2 A vítima foi reanimada nun primeiro momento pero faleceu minutos despois-Foto-Jesús Fernández

Accidente en Carballo

Un sinistro no que se viron implicados tres vehículos deixa unha persoa ferida en Carballo. A vítima foi evacuada por un equipo sanitario a un centro hospitalario. O accidente rexistrouse na estrada da praia de Baldaio, á altura de Casadelas, na parroquia de Noicela.
O 112 Galicia recibiu varios avisos dos feitos contra as 17:00 horas. O primeiro deles foi unha alerta de Urxencias Médicas. O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias, pola súa banda, alertou aos Bombeiros de Carballo, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

Novas relacionadas

Accidentes 2016

Fonte

Comentarios