Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Muros analizou a complexidade municipal galega co Peixe Intelixente

Muros analizou a complexidade municipal galega co Peixe Intelixente
Xaquin Alvarez Corbacho de pe comentando aspectos do seu libro con Domingo Guerra

Ana Caamaño e Mayka González, organizadoras da presentación do último libro de Xaquín Álvarez Corbacho en Muros, calificaron de “moi enriquecedora” a charla que o prestixioso municipalista ofreceu este venres no restaurante O Castelo. E destacaron a facilidade coa que o autor explicou algúns dos complexos problemas que padecen os concellos galegos.

Xaquín Álvarez Corbacho expuxo aos asistentes cuestións que, ao seu xuízo, afectan aos nosos concellos. Falou, da crise demográfica, dos problemas do financiamento e das urxencias dunha nova planta municipal.

Alguns dos asistentes a presentacion do libro en Muros de Xaquin Alvarez Corbacho

O autor do libro insistiu en que os ingresos tributarios nos concellos son escasos e, respondendo a preguntas dos asistentes, comentou que se debe deseñar unha nova planta municipal, eficiente, que neutralice e supere o minifundismo e os desaxustes observados nas áreas urbanas e comarcas. Porque –considera– se trata dun problema relevante, complexo, e que non debe afrontarse con precipitación, frivolidade ou arrogancia.

Xunto a Xaquín, acompañouno na mesa presidencia o noso especialista en economía municipal Domingo Guerrra, que precisamente hai unhas semanas nos falaba do Peixe Intelixente ao que fai referencia Xaquín no seu libro, e que nos dá pistas sobre o traballo deste importante investigador, divulgador, analista e fiscalizador da sociedade galega.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios