Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Muros emociona a alumn@s de toda Galicia

Muros emociona a alumn@s de toda Galicia
Encontros Muros Emocions

Fin de semana de emocións en Muros. Os VI Encontros de Centros por unha Convivencia Positiva "Muros Emocion@", organizados polo IES Plurilingüe Fontexería, desenvolvéronse cun enorme éxito de participación, xa que están inscritos mais de 20 centros educativos de toda Galicia e un total de 150 persoas, entre alumnado e profesorado.

A xornada deu comezo o sábado pola mañá coa recepción dos centros participantes e o reparto de documentación e, despois dun xantar de benvida, tivo lugar o acto inaugural, coa presenza da Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, a deputada responsable de Benestar Social da Coruña, Ánxela Franco, a Alcaldesa de Muros, María José Alfonso Torres, a Directora do IES Fontexeria, María José Lago Fiúza e a profesora do IES Fontexería Sonia Fernández Casal, membro do equipo organizador.

A tarde contou coa presenza de Olga Volha Dzeviátnikava, coordenadora pedagóxica de "El Jardín de Juno" e un Espazo Aberto que contou con diferentes actividades.

En palabras da Directora, "queremos transmitir a idea de que a convivencia é algo que se constrúe, de igual xeito que se constrúe o instituto, espazo físico no que esa convivencia se desenvolve e medra”.

Os Encontros contan co patrocinio e a colaboración de diversas institucións e entidades, como a Secretaría Xeral de Igualdade, a Deputación da Coruña a través do servizo de Igualdade de Xénero, o Concello de Muros, o CAFI, o servizo de Contratos Programa, Gadisa, Eroski e Eleuterio Balayo.

Novas relaconadas

Fonte

  • Fontexería.

Comentarios