Venres. 19.04.2024
El tiempo

Muros segue o seu verán de vertixe e pasa a Cultura Mariñeira ás Festas do Carme e ás Carrilanas

Muros segue o seu verán de vertixe e pasa a Cultura Mariñeira ás Festas do Carme e ás Carrilanas
Xornadas Muros Mira ao Mar 2015 e Festas do Carme e Carrilanas Esteiro

Non para Muros polo verán. Pases cando pases a vila está chea de vida. A proba está nesta marea de festas que están tendo neste mes de xullo sen parada.

Veñen de disfrutar dunhas Xornadas Mariñeiras do máis auténticas. As Xornadas Muros Mira ao Mar encheron de vida e cultura salgada o fermoso casco histórico muradán.

Pero sen tempo a descansar, xa teñen enriba, dúas citas de calado nacional: As Festas do Carme, seguindo en clave mariñeira; e o Gran Premio de Carrillanas Esteiro, unha das Festas de Interese Turístico Galego.

Primeiro, o Carme

Houbo susto o mes pasado cando perigaron as festas de San Pedro no peirao. Pero finalmente, e tras moita negociación, a alcaldesa conseguíu permiso para as 4 festas estivais. Así chegan unhas das festas máis esperadas do ano, como así o demostra o cartel, en Muros. As Festas da patroa dos mariñeiros chegan o mércores 15 de xullo con actividades todo o día, e mesmo un torneo de fútbol, e zumba, para abrir as verbenas coa gran París de Noia.

Para o xoves 16 de xullo, día grande con sesión vermú e procesión marítima pola tarde, a partir das 18:30h, despois da misa. E pola noite, orquestras e ás 0:00h gran sesión de fogos de artificio.

O xoves rematamos cos Contos de Canto no Campo da Festa, presentado polo locutor Manuel Lago, e verbena nocturna.

Carrilanas con troula

E sen tempo a descansar, os sábado 18 e domingo 19 de xullo, chega o XXVIII Gran Premio de Carrilanas de Esteiro-Marques de Vizhoja. A troula, cas Festas de Santa Mariña de Esteiro, arrincan xa o venres. E para o sábado, exposición de carrilanas, verbena completa, e como non a gran cita deportiva, de motor pero sen motor, para a tarde dominical, a partir das 19:00h.

Mirade como as gastan por Esteiro...


Novas relacionadas

Fonte

Comentarios