Venres. 19.04.2024
El tiempo

Muros xa pensa no seu San Pedro

Muros xa pensa no seu San Pedro
Festas-de-San-Pedro-de-Muros-2013

As de Muros son unhas das Festas de San Pedro máis importantes da Axenda Costa da Morte. I é que se ben non é a única (Corcubión, a Ponte do Porto, Buxantes... e outras parroquias tamén o celebran), as muradáns son especialmente potentes. Este ano chegan especiais ademais, pois o día santo coincide con sábado.

Neste 2013, chegan con 3 dúas de troula completa, comezando o vebres 28 con pasarrúas da man do Grupo Xeitura, e verbena coas orquestas D´Moda e Ritmo Joven.

Para o sábado 29, ademais da procesión e da misa no día propio, haberá concerto da banda de música antes de comer, un campionato en homenaxe a Eleuteiro Balayo, e festa coas orquestras Israel e Grupo Futuro, cos fogos de artificio á media noite.

Ademais, o domingo 30, toca xornada de Cultura Urbana ca “Vella Escola”, e gran concerto roqueiro cos míticos “La Banda del Camión” e mais “Burning”.

Máis información festexeira

Fonte

Comentarios