Venres. 29.03.2024
El tiempo

Novas exposicións locen no Muíño do Pozo do Cachón

Novas exposicións locen no Muíño do Pozo do Cachón

O muíño do Pozo do Cachón acollerá a partir da semana que vén varias exposicións que van desde as mostras de arte gráfico e pictórica ata unha mostra da biodiversidade galega. O horario de visita é de luns a venres de 10:00 a 14:00, e 16:00 a 18:30; e os sábados de 11:00 a 13:30.

Jesús Núñez

A mostra do V Premio Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez, organizada pola Deputación da Coruña e que tamén pasará polo Faro Fisterra, está xa exposta no Pozo do Cachón do 26 de marzo ao 3 de abril. Nela exporanse 30 obras, entre elas as tres obras premiadas, onde podemos atopar artistas alemáns, arxentinos, búlgaros, franceses, mexicanos, romaneses e, por suposto, de todo o territorio nacional.

Exposición de artistas locais

Durante a vindeira Semana Santa, como xa ven sendo tradicional, a Asociación muradán SORUM presenta os últimos traballos de pintores da localidade, na sala de exposicións do Pozo do Cachón (Serres-Muros).

A V Exposición Pictórica de Artistas Muradáns, organizada pola asociación SORUM, onde se amosarán obras de Alejandro Senande, Carmen Senande, Fernando Rei, Malís González, Miguel Lamela, Montse París e Pepa Sestayo, todos eles veciños de Muros, esta poderá ser visitada no Pozo do Cachón do 5 ao 14 de abril.

A exposición será inaugurada o vindeiro 5 de abril (Xoves Santo), pola alcaldesa de Muros, Caridad González, e o horario de visitas será o seguinte:

  • Día 5 de abril de 2012 (Xoves Santo): Inauguración: ás 12:00 horas.
  • Visitas 5, 6, 7 e 8 de abril:
    - Pola mañá: De 12:00h. a 14:00h.
    - Polo serán: De 16:00h. a 19:00h.
  • Dende o día 9 ao 13 de abril de 2011. Visitas:
    - Pola mañá: De 10:00h. a 14:00h.
    - Polo serán: De 16:00h. a 18:30h.
  • Clausura: Sábado, 14 de abril de 2012, ás 14:00h.

O presidente de SORUM, Domingo Guerra, indicou a esta redacción que esta mostra pictórica forma parte das actividades previstas para 2012, entre as que tamén destacan o “Trofeo de fútbol Asociación SORUM”, “Mostra de coleccións privadas de veciños de Muros” e a “Gala de entrega dos Premios SORUM, 2012”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Muros.

Comentarios