Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Barco do Desafío Tras la ELA en vela visualiza a Esclerosis Lateral Amiotrófica cunha viaxe de Euskadi ata Muros

O Barco do Desafío Tras la ELA en vela visualiza a Esclerosis Lateral Amiotrófica cunha viaxe de Euskadi ata Muros
Inaki Elgorriaga Unai Basurko e Kepa Junquera no Desafio Tras la ELA Cabo Finisterre Iñaki Elgorriaga, Unai Basurko e Kepa Junquera no Desafio Tras la ELA Cabo Finisterre

Visita ilustre e comprometida a que recibirá esta semana a Costa da Morte. A embarcación da campaña “Tras la ELA en vela: Desafío Cabo Finisterre” está a piques de atracar no porto de Muros. Saían de Bilbao o pasado sábado e esta tarde de martes arribarán na vila muradá despois de doblar o famoso Cabo Fisterra.

Unha acción protagonizada por tres figuras vascas moi recoñecidas, como son Iñaki Elgorriaga (un afectado pola enfermidade de 71 anos), Unai Basurko e Kepa Junquera, que tratan así de visibilizar a situación das persoas afectadas pola ELA (Esclerosis Lateral Amiotrófica) e recabar fondos a favor da federación ADELA Euskal Herria.

Na vila muradá terán un recibimento musical coa xente do Rumial esta tarde arredor das 18:00h e unha presentación oficial o mércors ás 10:30h no Pozo do Cachón, na que colabora o Concello de Muros, Marinas Muport e Asoc Rumial Campo de Cortes. Tamén poderán disfrutar dunha visita guiada polo casco vello.

Semana Saudable en Muros

O CIM de Muros aproveita a cita para organizar unha completa I Semana da Saúde. Unha semana cunha marea de actividades relacionadas coa saúde. As actividades comezan este martes 29 de maio coa chegada da embarcación da campaña “Tras la Ela: Desafío Cabo Finisterre”. O mércores toca presentación no Pozo de Cachón. Xa o xoves haberá unha sesión de almorzos saudables no CEIP Ramón Artaza, e o venes, unha Andaina polo Camiño Inglés.

O luns 4 de xuño unha charña sobre reuma e o martes, xornada de portas abertas na piscina municipal.

Fonte

Comentarios