Mércores. 15.07.2020
El tiempo

O Campo de Cortes de Muros verá renovado a rede de sumidoiros

O Campo de Cortes de Muros verá renovado a rede de sumidoiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Muros acordou a adxudicación do contrato da obra “Reparacións no alcantarillado en Campo de Cortes. Parroquia de Muros” á empresa Construcciones y Excavaciones Domingo González S.L., por un prezo de 59.129,25 euros, IVE incluído.

O obxectivo que se pretende con este proxecto, redactado polo arquitecto técnico municipal, é a mellora da rede municipal de sumidoiros. Así como a renovación dos principais elementos do viario público naquela paraxe.

O prazo de execución desta obra será de tres meses. E vai financiada a través do convenio de colaboración que asinaron o Presidente da Deputación Provincial da Coruña, Salvador Fernández Moreda e o Alcalde de Muros, Domingos Dosil Cubelo, o pasado 16 de novembro de 2010.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Muros.

comentarios