Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Castelo Rock xa ten cartel con gran presencia local para celebrar o seu 15º aniversario

O Castelo Rock xa ten cartel con gran presencia local para celebrar o seu 15º aniversario
Festival castelo rock MUros 2018

Xa está a venda o abono por 19´90 + gastos de xestión para o Festival Castelo Rock, o festival muradán que cumple 15 anos. E para celebralo vai traer grandes bandas do panorama estatal, como os míticos pamplonicas Lendakaris Muertos, ou os Riot Propaganda, banda de rapcore que escolle Muros para pechar a súa andaina xuntos antes de separarse definitvamente.

Ademais, cómpre destacar a presencia muradá no cartel, con Terbutalina como gran reclamo, que fará tremer os cimentos do peiraos, pero ademais con Almánimal, Lisdexiaou Adhara & Ritman entre os que subirán ao escenario.

A cita, os 3 e 4 de agosto no peirao de Muros. Entradas á venda en www.castelorock.com , www.entradasatualcance.com e nas oficinas de Correos de todo o estado.

Máis novas Muros-musiqueiras

 

Fonte

Comentarios