Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O CEIP Ramón de Artaza de Muros celebra as Letras Galegas

O CEIP Ramón de Artaza de Muros celebra as Letras Galegas
ceip-ramon-artaza-muros O alumnado do CEIP Ramón de Artaza de Muros desfrutou onte dunha xincana de xogos populares no patio do centro Onte foi un día de festa para os alumnos e alumnas do CEIP Ramón de Artaza de Muros. Con motivo da semana das Letras Galegas, a xornada de onte estivo adicada aos xogos populares sendo o acto central da celebración. O sol acompañou a xornada que comezou ás 11 horas cunha xincana de xogos populares no patio do colexio. Os zancos, o pano, tiro de corda, chapas, carreiras de sacos ou as canicas foron algúns dos diferentes xogos nos participaron todos e cada un dos grupos nos que estaba distribuido o alumnado baixo a atenta mirada dos nenos e nenas de sexto curso que repartidos por cada posto eran os encargados de supervisar cada xogo tal e como tiña organizado o equipo de actividades extraescolares e a profesora Lidia Fernández Veloso como responsable do equipo. Alumnado e profesorado disfrutaron sen parangón nunha xornada lúdica que transcorríu sen incidentes e que tivo moi boa acollida por parte dos rapaces e rapazas. Dentro deste ciclo de actividades está programado para mañá xoves unha sesión de Lecturas Interaulas onde os máis maiores falaranlle aos máis pequenos sobre o autor homenaxeado deste ano: Carlos Casares, e as súas obras. Mostraranlles a colección de Toribio para os máis pequenos e leranse títulos como "Lolo anda en bicicleta", "O can Rin e o lobo Crispín", "O galo de Antioquía", entre outros. Unha actividade que lles gusta moito aos máis pequenos e motiva aos maiores que nalgunhas ocasións chegan a facer dramatizacións de contos ao nivel dos mellores contacontos. O venres 19 levarán a cabo outra actividade chamada “Libros ao Patio”. Distribuídos en grupos con varios encargados que levarán a súa mochila de lecturas para compartir, comentar e falar sobre os personaxes e os contos do autor homenaxeado nun marco moi motivador e agradable como é o patio exterior do centro.

Novas relacionadas

Máis Programas das Letras Galegas 2017

Fonte

 

Comentarios