Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O CEIP Ricardo Tobío pechou o mes das Letras con contos, música e radio

O CEIP Ricardo Tobío pechou o mes das Letras con contos, música e radio
Pequenos gañadores do certame de contos do CEIP de Esteiro Pequenos gañadores do certame de contos do CEIP de Esteiro Este pasado venres o CEIP Ricardo Tobío de Esteiro celebrou un acto para conmemorar a celebración das Letras Galegas e para facer entrega dos premios do certame de contos Mestre Agrelo, que cada ano convoca a ANPA. Unha cita, acompañada pola cantante de Mazaricos Tania Fuegho, e por Bolato, veciño de Esteiro e amante do teatro. Ambos incidiron na importancia da nosa lingua. Tania tirou de canción e Bolato emocionou aos pequenos cun par de contos. Tanto Tania como Rodrigo concederon, ademais, cadansúa entrevista para Radio Laretas. A radio da Biblio. No acto proxectaronse varios videos elaborados polo alumnado e profesorado. Podedes ver todos os vídeos no blog da Biblioteca, e aquí tamén podedes escoitar as singulares entrevistas que lles fixeron os xornalistas da radio da Bliblio:

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-xornadas-muros-mira-ao-mar-chegan-con-mareas-vivas/ https://quepasanacosta.gal/o-cole-de-esteiro-viviu-unha-semana-de-inmersion-na-cultural-contemporanea/

Comentarios