Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O centro cultural de Muros acolle este sábado o espectáculo "O poder de Amabel"

O centro cultural de Muros acolle este sábado o espectáculo "O poder de Amabel"
O poder de Amabel Muros Victoria Pérez e Manu Fernández son os protagonista da obra que representan este sábado en Muros O auditorio do centro cultural de Muros acolle este sábado - día 15 - ás 18 horas o espectáculo de teatro "O poder de Amabel"; unha obra de monicreques e actores dirixida ao público familiar e que está inspirada na novela infantil de Érica Esmoris. Na adaptación teatral Amabel e Braulio, que non se ven dende a escola, atópanse casualmente trinta anos máis tarde en Tokío. Alí rememoran o ano especial que viviron xuntos, unha das súas primeiras lembranzas de nenos, esas ás que debemos volver para sentirnos na nosa verdadeira patria: a infancia. Os protagonistas desta historia son Victoria Pérez e Manu Fernández; actores con ampla experiencia no ámbito escénico e audiovisual, que deciden no presente ano 2016 crear a compañía Pérez&Fernández, que nace do impulso instintivo de supervivencia, da necesidade de crear, de regalar unha viaxe aos demais máis aló da súa experiencia cotiá. O espectáculo está inscrito na Rede Galega de Teatros e Auditorios, destinado a público familiar, preferentemente a partir de 5 anos; e as entradas xa están a venda nas oficinas do centro cultural, ao prezo de 2,50 euros. Fonte

Comentarios